Monday 29 de April de 2024

Exposición de fotografía dixital na Fábrica


O centro Cultural A Fábrica acollerá do 15 ao 23 de xuño a exposición colectiva do obradoiro de fotografía dixital de Ocioleiros, que estivo dirixido por David Balado González.

A inauguración será mañá mércores ás 20.30 horas e permanecerá ata o 23 de xuño de luns a venres, en horario de 9.00 a 15. 00 horas, e o xoves 16 e venres 17 tamén pola tarde, de 17.00 a 21.30 horas.